11/1/16

Presentacións nos recreos: o Programa Apolo en imaxes

O Programa Apolo foi un proxecto da NASA que, como é ben sabido, tivo como principal logro levar o ser humano ata a Lúa.

Kipp Teague, un estadounidense apaixonado do tema, leva desde 1999, en colaboración coa NASA, xuntando miles de fotografías tomadas polos astronautas do Programa Apolo. Desde hai pouco, están dispoñibles de xeito gratuíto na súa conta de Flickr, e nós elaboramos unha presentación a xeito de pequena mostra.

Proxectarémola nos recreos da Biblioteca durante as vindeiras dúas semanas.

Tamén a deixamos aquí:



No hay comentarios: