18/10/12

Lecturas recomendadas polo Departamento de Economía


O Departamento de Economía do noso Centro achéganos a súa lista de lecturas recomendadas, entre as que se inclúen libros, revistas e enlaces.
Entre os libros aparecen o comic Obélix y Compañía (da serie Astérix) ou, o xa clásico en España, El mercado y la globalización, de José Luis Sampedro. E algunhas das webs que se ofrecen ofrecen artigos dos Premios Nobel de Economía Paul Krugman e Joseph E. Stiglitz, xunto con enlaces ás páxinas de revistas como Emprendedores, Cinco Días ou Expansión.

Están dispoñibles aquí:

Agardamos que sigades algunha ou algunhas destas recomendacións. Desde agora, esta entrada do blog queda incorporada á nosa lista de enlaces (á dereita da páxina).