26/9/13

Reinicio da actividade

Ola de novo.

Un curso máis, reiniciamos a actividade da nosa Biblioteca e tamén do noso blog. Xa sabedes: nel informamos de novidades librarias e culturais en xeral, e tamén das actividades que levamos a cabo.

Nesta ocasión terémolo máis complicado: malia que a Consellería de Educación enviou unhas instruccións a todos os centros para potenciar ás Bibliotecas e os seus equipos, a mesma Administración, coas minguas de persoal que pon en práctica, fai imposible o cumprimento das súas propias disposicións.

O Equipo de Biblioteca do noso Centro víuse reducido en membros (que eran ademais xente que levaba xa anos traballando e que tiña unha certa dinámica) e en horas, polo que difícilmente poderemos facer demasiadas cousas aparte da xestión (catalogación, préstamo, mantemento do ambiente de estudio...).

Isto, máis alá dunha protesta (que o é), é unha constatación dun feito. Lamentablemente, non parece que lle importe a demasiada xente.

Por todo isto, faremos o que poidamos, que será menos do que nos gustaría. É o que hai