24/2/10

Exposición sobre o manga


O vindeiro xoves día 4 abriremos unha exposición temática sobre o manga xaponés, que se poderá visitar durante todo o mes de marzo.
O día da apertura dous alumnos, consumados "otakus", explicarán o porqué da súa afición a este tipo de comic, e amosarannos exemplares dos mangas que len.
Haberá tamén expostos 6 paneis con información sobre este auténtico fenómeno de masas, ademais de proxeccións variadas nos recreos.
Por suposto, estades todos convidados a asistir.

No hay comentarios: