27/10/16

Os nosos fondos: un atlas do corpo humano


Entre os nosos fondos audiovisuais contamos con tres exemplares en DVD do Gran Atlas del Cuerpo Humano, editado por Planeta (contamos tamén cun tomo de gran formato que amplía os contidos do DVD).



O DVD consta dos seguintes elementos:

- El Cuerpo Humano: Dentro del, a sección El cuerpo humano en su conjunto informa dos principios que rexen o funcionamento do noso organismo, atendendo ás características xerais do corpo humano e á súa estrutura material; por outra banda, o apartado Estructura interna del cuerpo humano aborda temas máis específicos (estrutura e reprodución das células, a función dos cromosomas, o ADN, etc.).

- El Cuerpo Humano Interactivo: Neste sector do DVD realízase un percorrido por toda a xeografía anatómica, a través dos catorce sistemas principais que compoñen o noso corpo, facilitando unha exploración versátil cada zona do organismo.

- Zona de Juegos: Consta de dous módulos, titulados El constructor e El juego de la mente. No primeiro deles aplícanse de xeito lúdico os contidos do Atlas (consiste en colocar correctamente determinadas partes do noso organismo); o segundo propón unha serie de preguntas e respostas tipo test, con tres niveles de complexidade.

- Buscador: Permítenos localizar alfabeticamente as diferentes partes que compoñen o noso corpo para coñecer as súas definicións e acceder ás láminas nas que aparecen.

No hay comentarios: