30/9/15

Inicio de curso (2015-16)



Outro ano máis.

Outro curso máis.

Non todo o persoal e horas que serían necesarios para ofrecer un servizo realmente axeitado.

A nosa Biblioteca segue a ofrecer, na medida das súas posibilidades, recursos para todos os colectivos que integran a Comunidade Educativa do IES Fontexería.

- Un espazo dotado de varios puntos con acceso a internet (catro ordenadores de sobremesa, un portátil e dúas tablets), incluíndo un emisor wi-fi.

- Proxector e equipo de son 5.1.

- Disco duro externo activo de 1 TB.

- Un lector de libros electrónicos.

- Mesas para traballo en grupo e individual, con diferentes graos de aillamento a elección do usuario.

- Uns fondos que acollen case 15.000 títulos (libros e material audiovisual en formato dixital), entre os que se cobren moitos campos do saber humano. Case todos eles son susceptibles de ser emprestados (ata 3 títulos á vez durante 15 días). O préstamo está dispoñible para alumnos, profesores e familias.

- Un apartado na Aula Virtual do Centro no que se deposita todo o material que a Biblioteca difunde (ben elaborado pola propia Biblioteca, ben por outros Departamentos Didácticos). Serve tamén como memoria das actividades que se realizan nela.

En suma: un espazo abondo equipado para desenvolver labores lectivas, preparar traballos ou, simplemente, ter uns momentos de lecer repousado.

Ó voso servizo.

Aquí estamos.