5/11/12

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)




A extinción das especies é unha das principais preocupacións do movemento ecoloxista mundial. O Departamento de Bioloxía achéganos esta proposta para tomar conciencia do feito. Robert Barbault demostra como a asociación colaborativa dos diversos seres vivos é o mellor xeito de garantir a continuidade da vida no noso planeta.





O volframio foi un mineral moi cobizado pola Alemania nazi, e algunhas bisbarras galegas posuíano en abundancia. Nos anos seguintes á Guerra Civil española, o tráfico, legal e ilegal deste elemento necesario para as blindaxes, fixo que a vida de moitas persoas se volvese moi axitada: roubos, asasinatos, vinganzas... Ese é o ambiente desta novela de Héctor Carré, coñecido en Galicia tamén polas súas actividades como cineasta.







O Cantar de Roldán é o poema épico máis antigo conservado en lingua romance, neste caso en francés antigo. Conta a batalla de Roncesvalles (778), na que presumiblemente se enfrontaron varias tribos de vascóns á retagarda do rei dos francos Carlomagno. As fazañas con fondo relixioso do conde Roldán fixéronse moi famosas en toda Europa.

No hay comentarios: