17/6/11

Recomendacións de lectura para o verán

Xa estamos a piques de rematar o curso, e quizais algúns pensedes coma nós: que o verán é un período estupendo para dedicarlle algo máis de tempo á lectura.

Convencidos como estamos diso, e tamén de que a lectura é unha viaxe boa, bonita e barata (sobre todo se levades os libros en préstamo da nosa Biblioteca), aquí vos deixamos as nosas recomendacións para o verán, distribuídas por idades.

Que o pasedes moi ben, tanto cando leades como cando non.

Vémonos en setembro, a ver qué nos contades.


No hay comentarios: