21/2/11

Presentacións nos recreos: Manolo Chinato

De novo Álvaro Romero Lago, alumno de 2º de Bacharelato, achega unha proposta para os recreos da nosa Biblioteca.

Nesta ocasión, trátase dunha presentación na que se amosan textos do poeta Manolo Chinato, de moita sona entre os seguidores de Extremoduro e Robe Iniesta.

A presentación, como é habitual, vai acompañada de música de fondo: cancións compostas por Robe Iniesta baseadas en poemas de Manolo Chinato.


Sempre estades convidados a estas expresións culturais con que enchemos o tempo dos recreos da nosa Biblioteca. Para os que non veñades, aquí queda a presentación:



No hay comentarios: