31/1/11

Presentación nos recreos: Fahrenheit 451


Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver a presentación Fahrenheit 451, especialmente preparada para acompañar a actividade que desde o Equipo de Biblioteca estamos a desenvolver.

Trátase de poñernos na mesma situación que os protagonistas da novela de Ray Bradbury e pensar qué libro salvariamos, de poder facelo só cunha única obra da Literatura Universal.

Nestes días, e a través dos tutores (a quen agradecemos a súa colaboración), rapaces de todos os cursos están a seguir esta iniciativa, e entre todos os participantes sortearemos o comic que Tim Hamilton debuxou sobre esta novela.

Ademais, en canto teñamos todos os resultados, realizaremos unha presentación na que se recollan todas as propostas.



LIBROSLIBROSLIBROSLIBROSLIBROSLIBROS
LIBROSLIBROSLIBROSLIBROS

No hay comentarios: