26/1/10

Entrega de agasallos da 2ª Recollida de Nanocontos

Hai pouco menos dunha hora que vimos de entregar os agasallos correspondentes á 2ª Recollida de Nanocontos, organizada de novo polo Equipo de Biblioteca do noso Centro. Como lembraredes, definiamos o Nanoconto, xa no curso 2008-09, como un relato de menos de 100 palabras. Durante o mes de novembro pasado estivo o aberto o prazo para presentar os Nanocontos, prometendo dous agasallos para dúas categorías por idades: senllos Mp4 e libro ilustrado para as Categoría A (1º Ciclo da ESO) e B (matriculados de cursos superiores). Unha vez realizada a recollida e reunido o xurado, os gañadores resultaron ser os seguintes:

CATEGORÍA A
1º Agasallo: Carlos Navarro, co relato Instrucciones para mi entierro
2º Agasallo: Victoria Otero, co Nanoconto Muñecas suicidas
CATEGORÍA B
1º Agasallo: Tamara Castro, co Nanoconto Anónimo
2º Agasallo: José Rama, cun relato sen título

Nos vindeiros días publicaremos neste blog os Nanocontos premiados, e máis adiante, tal e como fixemos o curso anterior, editaremos un caderno cunha escolma dos case 40 relatos presentados nesta edición da Recollida.
Gracias a todos os que participastes, asististes á entrega, ou dalgún xeito colaborastes, con esta iniciativa. De momento, quedades coas fotografías que serven como lembranza deste evento.

No hay comentarios: