22/6/09

I Escrita de Nanocontos

O Equipo de Biblioteca do noso Centro está moi ledo, pois ven de saír do prelo a publicación que preparamos cunha escolma dos relatos presentados ó I Concurso de Nanocontos, que foi convocado no primeiro trimestre deste curso que agora remata.


Se lembrades ben, ocorrérasenos definir o nanoconto como aquel relato de tema e idioma libre que constase como máximo de 100 palabras. Logo da fin do concurso, consideramos que debiamos publicar algúns dos relatos presentados co obxecto de darlles publicidade e así animar á nosa Comunidade Educativa a camiñar polas vías da lectura e da creación literaria. A maquetación correu a cargo de Alfonso Blanco, coordinador do Equipo de Biblioteca, mentres que os debuxos da cuberta e a marca de auga foron creados por Alfonso González.


Estes días estanse a repartir os exemplares entre os autores representados na publicación, e tamén entre todos os que participaron activamente nas actividades programadas pola Biblioteca ó longo deste curso. Aqueles ós que non poidamos localizar no Centro nestas datas por teren rematado xa os seus estudios, enviarémoslles o caderno por correo.


Para todos os demais, queda aquí publicado en formato dixital:




No hay comentarios: