22/4/09

Semana do Libro (I)

Como anunciaramos, onte martes comezou a serie de lecturas públicas durante os segundos recreos na nosa Biblioteca. A primeira correu a cargo de Bernardo Álvarez, profesor de F.O.L., quen leu, con moita paixón, O corazón delator, de Edgar Allan Poe. Velaquí algunhas fotos do evento:

Mañá comentaremos a lectura que hoxe realizou a profesora Marta Cruz, profesora de Educación Física, dun conto de Geoffrey Chaucer. Lembrámosvos que estas lecturas continuarán ata o venres, e que mañá xoves entregaranse os premios do II Concurso de Relato Curto, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Españolas.

Desde aquí animamos, como sempre, a todos os alumnos e profesores do noso IES a apoiar coa súa asistencia a estas actividades, coas que damos inicio a ó derradeiro trimestre do curso tendo sempre como obxectivo celebrar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento.

2 comentarios:

I. CAMACHO dijo...

Me parece una iniciativa interesantísima. Espero que tenga seguimiento por parte de los chicos. Saludos.

Biblioteca IES Fontexería (Muros) dijo...

Muchas gracias. Ayer no hubo demasiados, pero hoy han asistido algunos más, y el cuento de Chaucer ha estado muy divertido. A ver mañana. Gracias de nuevo por tu seguimiento